Terra Máxica continúa!

V edición - 26 e 27 de decembro
Terra Máxica volve un ano máis a pesar de que unha pandemia global parou a nosa V edición o día antes de que comezara, pero a maxia sempre volta. Cunha versión máis curta do habitual pero con máis ilusión e máis ganas que nunca. Co Mago Teto e as súas»Pequenas grandes maxias» como protagonistas, esta agardada quinta edición chega por fin o 26 e 27 de decembro a Allariz e Baños deMolgas.

Cando todo estaba listo para celebrar o quinto aniversario de Terra Máxica, a situación obrigounos a adiar o festival. Agora, respectando todas as medidas sanitarias e de seguridade, por fin é posible achegar a edición máis do Nadal.

Terra Máxica, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. Galega, consolídase como un festival de referencia na maxia galega. Isto non sería posible sen o traballo en redes dos concellos participantes, que se esforzan por achegar a cultura á cidadanía máis alá dos grandes escenarios.