PEQUENAS GRANDES MAXIAS
O Mago Teto é un dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia, habitual na televisión dende os seus comezos goza dun grande recoñecemento do público. Nesta quinta edición do Terra Máxica estrea Pequenas grandes maxias, unha viaxe aos soños do Mago Teto. Soños con elementos pequenos, como poden ser libros, móbiles, moedas, naipes… e incluso simplemente palabras e sombras pero sempre cun resultado máxico moi grande. Soños que farán ó espectador atravesar o espello do mundo real ó mundo da fantasía, tal cal Alicia, e sentir unha serie de emocións únicas e irrepetibles. 70 minutos de maxia e humorno show máis persoal e novidoso do mago.